Usuario non rexistrado Usuario Clave    
 

NORMAS DO RANKING

Nesta edición, organizamos cuadros nas categorías de Dobles femeninos, Dobles masculinos, dobles mixtos e Individuais masculinos.

Según o número de participantes, crearanse os grupos necesarios, repartidos en diferentes nivéis.

Esta fase da competición durará ata o 27 de xuño.

Visto que na ultima fase non se xogaron todolos prtidos e que o nivel dunha gran maioria foi a mais, na categoria de dobles masculinos, cada parela escolle o nivel no que se quere apuntar (en principio, faremos 5 niveis). Nas outras categorias, todo depende do numero de participantes. Trataremos este tema directamente con cada un, en canto se coñeza o numero de xogadores.

A data e a hora dos partidos serán fixados de mutuo acordo entre os competidores. Aqueles que aparecen de primeiro na lista de partidos, son os encargados de poñerse en contacto cos adversarios para fixar o partido.Tamén ten que poñer un bote de bolas nun estado aceptable para xogar. De todos modos, non dudedes en poñervos en contacto con nos para axudarvos a organizar os vosos encontros.

O sistema de puntuación será o seguinte:

3 puntos             partido ganado
1 punto               partido perdido
0 puntos             partido non xogado dentro do plazo

Os resultados podranse seguir a traves da paxina internet, do noso perfil en facebook e nos paneis do padel.

Para ganar fluidez e evitar que queden partidos sen xogar, nos cuadros de dobles, podese remplazar, de maneira excepcional, un xogador por outro da mesma categoria ou dunha inferior. Evidentemente, debese avisar aos ontrincantes antes do partido.

En caso de empate na clasificacion, terase en conta os enfrenatamentos directos. De darse o caso dun multiple empate, teranse en conta a diferencia de sets e despois a dos xogos.

Ao final de cada fase, según a clasificación de cada parella,  efectuaranse ascensos e descensos que se definirán da siguiente maneira:

1º + 2º       ascenden directamente
2 últimos    descenden directamente

A inscripción e gratuita, as parellas faranse cargo unicamente do coste das pistas reservadas.