Usuario non rexistrado Usuario Clave    
 

 

RANKING (Partidos do 07.06.2008)

En dobles mixtos, Sonia e Marcos sudaron máis do esperado para ganarlle a Lorena e Kiko. Tiveron que chegar ao 3º set para confirmar a súa victoria. Ao final, o resultado foi de 7/6 2/6 6/1.

No grupo 2 de dobles masculinos, Oscar e Marco pasaron por encima de Ramón e Manuel con un contundente 6/0 6/0... O resultado xa o di todo.

No grupo 4 de individuais, Javier Pombo ganoulle a Brais por 6/3 6/2 e xa ten asegurado o segundo posto do grupo que lle asegura de xogar no grupo 3 na próxima fase.

Admin/09.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 06.06.2008)

Hoxe, só se xogou un partido de individuais, no que Javier Cambre ganou o partido que o enfrentaba a Brais nun partido moi disputado e no que valiu a maior experiencia. Javier ganou 2/6 8/6 6/4 despois de un hora e media de partido.

Admin/09.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 05.06.2008)

En dobles mixtos, Mª Angeles e Richi continuan arrasando... esta volta, ganaronlle a Anabel e Gus por 6/3 6/2 nun partido no que Gus corriu moito... corre Gus, corre...

No grupo 5 de dobles masculinos, Brais e Ruben ganaronlle a Roberto e Daniel por 6/2 6/3 no que e a súa segunda victoria.

Admin/09.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 04.06.2008)

No grupo 1 de dobles mixtos, Mercedes e Flor ganaronlle a Maribel e Ramón nun bonito partido que dominaron dende o principio. 6/3 6/4 foi o resultado final.

No outro grupo de esta categoria, Mª Angeles e Richi ganaron o seu encontro contra Maria e Pazos por 7/5 6/4. Persoalmente, non pensei que Maria e Pazos aguantaran tan ben.

Admin/09.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 03.06.2008)

No grupo 2 de dobles masculinos , tivemos outro destes partidos completamente locos tanto pola tensión como pola evolución do resultado. Esta volta foron as parellas Alberto / Gonzalo e Norberto / Graña que xogaron un partido de infarto (sobretodo para eles) que 2:15 horas. Da parte de Norberto e Graña non me extraña nada, pero hai que recoñecer o aguante que tiveron Gonzalo e, sobretodo, Alberto que lle gusta moito máis acabar rápido os puntos. O partido pudo caer para calquera dos lados, pero nesta tocoulle a Gonzalo e Alberto que ganaron co seguinte resultado: 6/7 6/4 7/5... felicidades a ámbalas duas parellas.

No grupo 5, Moncho e Nito ganaron fácilmente contra Manuel e Javier que se estrenaban nunha competición e tamén como parella. Co resultado de 6/2 6/2 Moncho e Nito xa se aseguraron un dos postos de ascenso.

Admin/09.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 02.06.2008)

En dobles mixtos, Sonia e Marcos non lle deron opcións a Mercedes e Flor ganando o partido por 6/3 6/3.

En individuais, Gonzalo sigue intratable e ganoulle a Mariano por 6/4 6/4 nun partido que todos esperabamos un pouco máis reñido. Esto dos individuais e un mundo a parte... e, a Gonzalo, daselle moi ben.

Admin/09.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 01.06.2008)

Xougouse un partido de dobles mixtos, no que Patricia e Carlos ganaron facilmente contra Anabel e Gus por 6/1 6/2. Era o primeiro partido de Anabel e de Gus tanto como parella que como xogadores de padel... non está mal para empezar... ánimo!!

Admin/02.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 31.05.2008)

No grupo 1 de dobles masculinos, xogouse o partido máis interesante e máis bo tecnicamente falando que se xogou ata o momento. Lito e Mariano contra Marcos e Pi. Un verdadeiro partidazo. O resumen do 1º set e fácil de facer: Lito e Mariano ganaron 6/1... Marcos e Pi, non estaban... No segundo, os puntos empezaron a ser moi loitados pero Lito e Mariano non baixaron a intensidade e puxeronse por diante no marcador: 4/2 servizo para Lito (xa pensei que o partido estaba sentenciado)... pero foi o momento que Marcos e Pi escolleron para demostrar todo o que saben facer sobre unha pista de padel... remontaron e puxeronse por diante 5/4... os 4 xogadores continuaron coa mesma calidade e intensidade e chagamos ao Tie-break... 5/1 servizo para Lito e Mariano (esta volta estaba seguro que o partido estaba sentenciado)... Marcos e Pi aguantaron e chegaron a dominar o tie-break por 6/5... tendo bola de set... resultado final: 12/10 no tie-break e partido para Mariano e Lito. Unha pena que non xogaran un 3º set... foi un partido moi entretenido e con unha intensidade increíble... quen coñece a Mariano e sobre todo a Lito saben o que hai que facer para poñelos desta maneira contra as cordas... Resultado final: 6/1 7/6.

No grupo 2, Oscar e Marco ganaron máis facilmente do esperado o encotro contra Diego e Fran por 6/3 6/2. Diego e Fran non estiveron ben durante os peloteos pero non foron capaces de rematar os puntos cando tiveron oportunidades, deixandolle a iniciativa dos ataques aos contrarios... e, eles non se fixeron de rogar.

En dobles mixtos, Sonia e Marcos ganaronlle con moita facilidade a Maribel e Ramón que non tiveron un día acertado, por 6/3 6/1. No outro partido desta categoría, Lorena e Kiko ganaron contra Mercedes e Flor por 6/3 6/1.

No grupo 4 de Individuais, Alberto ganou o 5º encontro e asegurouse desta maneira acabar como 1º do grupo e ascende ao grupo 3. Esta volta derrotou a Juan Carlos por 6/2 6/0.

Admin/02.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 30.05.2008)

Xogaronse dous partidos de individuais. No grupo 1, Fernando ganoulle a Pi en 3 duros sets por 6/3 3/6 6/2... Pi vai aprendendo moi rápido. No partido do grupo 4, Alberto ganoulle a Brais nun partido que non lle foi nada fácil... Brais tivo moitas oportunidades que non foi capaz de concretizar... Como Pi, Brais tamén vai aprendendo moi rápido.

En dobles masculinos, Brais e Ruben derrotaron a Javier e Juan Carlos por 6/0 6/0... neste partido foi determinante a calidade dos golpes de Brais que admáis non se foi do partido en ningún momento.

Admin/02.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 29.05.2008)

En dobles masculinos, Lito e Mariano desfixeronse de Rochi e Rodri con un contundente 6/2 6/1. Sen querer buscar disculpas, hai que decir que Rodri leva un mes de baixa por un esguince e que ainda nota doenzas.

En individuais, xogaronse 3 partidos. No grupo 1, Gonzalo ganou o seu 3º partido... esta volta foi contra Pi, que aguantou moi ben o primeiro set donde chegaron ao tie-break... no segundo, xa non lle fixo frente a Gonzalo. O resltado foi de 7/6 6/2.. pero non está mal para ser o seu primeiro partido na pista de individuais. No outro partido deste grupo, Ramón ganoulle sen ter que forzar a Fernando por 6/4 6/2... por unha parte, Ramón non fallou nada do que intentou e Fernando sentiase moi incomodo nesa pista. Tamén se xogou un partido do grupo 3 donde Carlos Baldomir se desfixo de Alberto con un contundente 6/3 6/0. Con este resultado, Carlos sigue claramente cómo líder do grupo con 12 puntos en 4 encontros.

Admin/02.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 28.05.2008)

Neste día xogaronse 2 partidos de individuais. No grupo 3, Gende ganoulle a Alberto por 4/6 6/4 6/4... Alberto, por segunda volta en dous, perdeu un partido que tiña casi no bolsillo... iva ganado 4/1 no 3º set antes de derrumbarse e perder. Noutro partido do mesmo grupo, Carlos Manuel ganou o partido que o enfrentaba a Roberto por 12/10 6/1... como o reflexa o resultado, o partido xogouse no primeiro set, donde fixeron falta 22 xogos para rematalo.

Admin/02.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 26.05.2008)

En dobles mixtos, a parella Mercedes e Rogelio, fixeronlle falta 3 sets e máis de duas horas de xogo para ganar o partido contra Mª Angeles e Richi... 7/5 5/7 6/2 foi o resultado final.

No grupo 3 de dobles masculinos, Fran e Chisco ganaron con bastante facilidade a Facal e Arias por 6/2 6/0... Facal e Arias estreabanse como parella e Fran e Chiso xa están moi rodados. De feito, con esta victoria colocanse a frente do grupo con 9 puntos e con moitas posibilidades de acabar nos postos de ascenso.

En individuais, xogaronse 2 partidos. No grupo 3, Carlos Manuel ganoulle a Alberto por 5/7 6/1 6/4 despois de que Alberto fora por diante no 3º set antes de bloquearse e deixar escapar o partido. No grupo 2, Miguel Angel Varela ganoulle a Rodrigo por 6/2 6/2 e empeza con bo pe nesta modalidade.

Admin/02.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 25.05.2008)

No grupo 4 de dobles masculinos, Ivan e Macors xogaron dous partidos seguidos. No primeiro, ganaronlle a Roberto e Alejandro por 6/2 6/1... o resultado non reflexa o que pasou no campo... o partido foi bastante apretado e durou 1 hora e 20. Despois, xogaron contra Alberto e Luis; ganaron de novo pero o resutlado foi máis apretado... sobre todo no segundo set, donde tiveron que chegar ao tie-break para levar os 3 puntos da victoria... imaxino que despois de máis de 2 horas de xogo, empezarian a notar o cansancio.

Admin/02.06.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 24.05.2008)

Nun dos partidos máis esperados do grupo 1 de dobles masculinos, Lito e Mariano venceron con máis facilidade da esperada a parella Fernando e Picolin. A verdade e que non houbo partido, Fernando / Picolin aguantaron ata o 3/3 do primeiro set e dende ese momento o partido foi dominado totalmente por os vencedores. Resultado 6/3 6/2.

No grupo 5, Javier e Juan Carlos non lle deron opcions a Roberto e Daniel e ganaron o partido por 6/0 6/3. Con este resultado, Javier / Juan Carlos teñen todas as opcións de loitar polos postos de ascenso.

Nos dobles mixtos, Maribel e Ramón ganaron o seu enfrentamento contra Lorena e Kiko por 6/3 6/4.

En individuais, Javier Pombo ganou a "batalla" contra Abel Gomez en 3 sets e despois de hora e media de esforzo. O resultado, reflexa o apretado que foi o encontro 5/7 12/10 7/5. Abel xa nos ten acostumbrados a levar todolos partidos a ese extremo. Javier sigue líder do grupo 5 con 10 puntos en 4 partidos.

Admin/26.05.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 23.05.2008)

No grupo 5 de dobles masculinos, Moncho e Nito ganaron o seu 3º partido. Esta volta as victimas foron os dous benxamis do ranking, Brais e Ruben. Os rapaces foron máis agresivos e atrevidos e non lle puxeron as cousas faciles, pero a pacienicia de Moncho / Nito foi, neste caso máis rentable. O partido poido ser outro se os rapaces convertiran a oportunidade de ganar o 1º set cando ivan 5/3 no marcador co servicio para eles. Desta maneira, Moncho / Nito siguen como líderes do grupo e casi están seguros de quedar nos postos de ascenso.

En individuais, no grupo 4, Javier Cambre ganoulle facilmente a Juan Carlos por 6/0 6/1 e colocase nunha situación de loita polos primeiros postos. No outro partido que se xogou nese grupo, Alberto Villar ganou o seu 3º partido consecutivo... esta volta, Abel Gomez puxoche as cousas bastante duras... o resultado xa o di todo 2/6 6/4 8/6 e hora e media de xogo.Alberto colocase a 1 punto do líder pero con un partido menos.

Admin/26.05.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 22.05)

No grupo 5 de dobles masculinos, Felipe e José Manuel ganaronlle a Daniel e Roberto por 6/3 6/2 e colocanse segundos do grupo, a 4 puntos, pero con 2 partidos menos.

En individuais, Gonzalo sigue intratable no grupo 1, esta volta ganoulle a Marcos noutro partido largo que chegou aos 3 sets e a hora e media de xogo; pero con un resultado moi favorable para el 7/5 3/6 6/1.

Admin/26.05.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partido do 21.05)

No grupo 1 de dobles masculinos, Kiko / Ramón ganaron o seu segundo partido.Esta vez, contra Fernando e Picolin. Tiveron que levantar un partido que tiñan casi perdido. Durante a primeira parte do partido, Fernando e Picolin estaban sendo moi superiores e non permtian aos adversarios entrar no partido... Así chegaron a ganar o 1º set 6/2 e ir por diante no segundo 4/2 e co servicio para eles... Foi nese xogo donde empezaron floxear físicamente e permitirlle aos adversarios a desenvolver o seu xogo... Kiko / Ramón non pedían tanto e ganaron este set por 8/6. No 3º, Kiko foi a máis e participou activamente na victoria con un porecentaxo alto de acerto nos golpes definitivos.

Admin/22.05.2008

____________________________________________________________

RANKING (Partido do 20.05)

No grupo 1 de individuais, Gonzalo ganoulle a Ramón por 5/7 6/3 6/3 nun partido que dominou dende o principio. Se o partido durou tanto (máis de hora e media) foi polo feito de que Gonzalo deixou escapar, de maneira inexplicable, o primeiro set cando estaba xogando mellor.

Admin/22.05.2008

____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 19.05)

No grupo 4 de dobles masculinos, Roberto e Alejandro ganaron o enfrentamento contra Carlos e Yago por 7/5 6/4.

No grupo 2 de individuais, Rubinho ganou contra Rodrigo por 4/6 6/1 6/3 despois de hora e media de partido.

Admin/22.05.2008

____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 18.05)

No grupo 4 de dobles masculinos, Carlos e Yago foiron moi superiores a Alberto e Luis... ganaronlle por un claro 6/3 6/2.

No grupo 3 de individuais, Jesús Gende e Ruben García xogaron un partido moi intenso no que ganou o que máis fresco (físicamente falando) chegou aos últimos xogos. Ese foi Gende, que ganou este enfrentamento despois de máis de hora e media por 6/3 3/6 7/6. A verdade e que os dous estaban vermellos, debido ao esforzo, dos pes a cabeza cando sairon da pista.

Admin/19.06.2008

____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 17.05)

No grupo 2 de dobles mixtos, Mercedes e Rogelio, venceron no seu primeiro partido a Patricia e Carlos por 8/6 6/3.

No grupo 5 de dobles masculios, Ramón e Nito, despois de ganar os seus primeiros encontros, atoparonse con unha parella que os dominou. Felipe e José Manuel venceron este partido por 6/2 6/3. Ramón / Nito siguen líderes do grupo, pero Felipe / José Manuel tamén deron señáis de apuntar ao ascenso.

En individuais, Alberto Villar venceu a Javier Pombo por 6/3 6/4. Javier sigue líder do grupo 4, pero Alberto está a só un punto e con un partido menos. No grupo 1 desta categoría, Mariano ganoulle a Marcos... despois de perder claramente o primeiro set, Mariano encontrou a clave para derrotar a Marcos. O resultado final foi de 1/6 6/4 6/4.

Admin/19.05.2008

____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 16.05)

En dobles mixtos, Mon e Ana (máis coñecida como a irmán de Mon) xogaron 2 partidos seguidos. Primeiro contra Lorena e Kiko no que perderon por 1/6 2/6. No segundo partido, enfrentaronse a parella que, se non se producen sorpresas deberían acabar como primeira de grupo e con facilidade, Maria e Mario. Estos últimos non lles deron opción a facer un so xogo. Animo, Ana, que xa viran tempos melores!!!

En individuais, Carlos Baldomir ganou o seu segundo encontro contra Carlos Manuel Gomez. Este último, ganou o primeiro set despois de unha larga loita pero Baldomir non se deixou impresionar e ganou os dous seguintes para rematar o partido co resultado de 6/8 6/2 6/3. No outro partido de individuais, o enfrentamento entre os dous "Javier", ganouno Pombo vencendo a Cambre por 6/3 6/3. Pombo lidera o grupo 4 con 7 puntos en 3 partidos.

Admin/19.05.2008

____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 15.05)

Esta noite xogouse o primeiro partido dos Dobles Mixtos. Mª Angeles / Richi xogaron, e ganaron, contra Ivana / Javier por 6/2 6/4. Non poiden presenciar o partido pero espero que o pasaran ben... o que e seguro e que Mª Angeles e Richi xa non poden decir que non se coñecen.... vironse por primeira vez na pista antes de iniciar este partido.

Por fin empezaron a xogar os do grupo 1... fixerono Pi / Marcos contra Kiko / Ramón. Había interés por este partido debido a que Pi e Marcos seguian invictos dende que forman parella e, ademáis, o lúns, en partido de entrenamento ganaronlle a Kiko e Ramón en 3 sets.

Hoxe, foi outra historia... o resultado, xa o di "casi" todo 6/2 6/4 para Kiko/Ramón. Non lle quero sacar merito os ganadores, pero Pi/Marcos nunca chegaron a entrar no partido e desenvolver o seu xogo... non lles entrou nada... só cando ivan perdendo 5/1 no segundo set, apretaron un pouco para remontar a 5/4 con dúas bolas para igular o set a 5/5. Pero, nada, non tiveron acertados... con decir que so ganaron 3 dos seus 9 xogos de servicio.

Admin/16.05.2008

____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 14.05)

Este día, dous partidos de individuais. No grupo 2, Pichel ganoulle a Rubinho por 6/3 6/1... poucos comentarios se poden facer sobre este partido... Resumen: notase que Pichel está mooooito máis acostumbrado a xogar en individuais.

No outro partido, Carlos Baldomir ganou o seu segundo partido... esta volta foi contra Gende por 6/1 6/2 e consolidase como sólido líder do grupo 3.

Admin/16.05.2008

_____________________________________________________________

RANKING (Partidos do 13.05)

Partido muy interesante esta noite no grupo 3 de dobles mixtos; Fran e Chisco ganaron a "batalla" contra Jesús e Rodrigo no partido máis largo e disputado ata o momento. Despois de 1 hora e media, Fran e Chisco ganaron un encontro que tiveron a punto de perder 4/6 7/5 7/5..

Jesús/Rodrigo foron sempre por diante no marcador, ata o punto de chegar a ter un bola de partido no segundo set cando ivan 6/4 5/4 e sacaban para rematar o partido... pero, non puido ser... Fran/Chisco que sempre estiveron moi centrados no partido, non deixaron escapar a oportunidade de empatar o partido ganando este segundo set 7/5. O 3º foi na mesma línea que o resto do partido... disputadísimo.

O resultado non é o de menos, se non, preguntadelle a eles, pero seguro que o pasaron moi ben... Felicidades os 4!!!

Admin14.05.2008

___________________________________________________________

RANKING (Partidos do 12.05)

No grupo 3 de individuais, Carlos Manuel Gomez, ganou o encontro que o enfrentaba a Ruben Garcia nun partieo que chegou os tres sets 6/1 4/6 6/2.

Admin14.05.2008

___________________________________________________________

RANKING (Partido do domingo 11.05)

Hoxe so se xogou un partido de individuais no que Carlos Baldomir se desfixo facilmente de Ruben Garcia en dous sets 6/1 6/3.

Admin11.05.2008

___________________________________________________________

RANKING (Partidos do sabado 10.05)

Neste día, xogaronse tres partidos; unde dobles masculinos e dous de individuais.

Moncho e Nito, que teñen moitas ganas de xogalos partidos todos canto antes, ganaron o seu segundo encontro; esta volta, contra Javier e Juan Carlos por 6/3 2/6 6/3. Xa van primeiros de grupo e coa vista posta no ascenso o grupo 4.

En individuais, Javier Pombo ganou contra Juan Carlos Sanchez por 6/4 7/5 e Abel Gomez a Brais Fernandez por 6/4 6/4.

Admin10.05.2008

___________________________________________________________

RANKING (Partidos do venres 09.05)

Hoxe xogaronse dous partidos de dobres masculinos e un de individuais.

No grupo 5, Nito / Moncho gañaron o partido que os opuxo a Roberto / Daniel por 2/6 6/1 6/3. Sen quitarlle meritos a victoria de Nito e Moncho, hay que decir que a parella Roberto / Daniel era a primeira vez que xogaban xuntos... nin se coñecian antes de verse na pista. Seguro que iran mellorando rexistros según vaian xogando partidos.

No encontro do grupo 3, Fran / Chisco fixeronse coa victoria ante Miguel / Anxo en tres sets 6/1 2/6 6/4. En algunhas parellas, ainda se nota moito a falta de partidos xuntos.

En individuais, Alberto Villar ganoulle a Javier Cambre por 6/2 4/6 6/3.

Admin10.05.2008
___________________________________________________________

RANKING (Partidos do xoves 08.05)

Esta noite xogaronse os dous primeiros partidos do ranking. Dous dobres masculinos.

No grupo 2, Norberto e Graña non tiveron piedade de Fran e Diego ganando o partido por un contundente 6/2 6/1. Como nos teñen acostumbrados, apoiaronse na paciencia que teñen ao momento de aguantar a bola en xogo para encarrilar esta fase con moi bo pé.

No outro encontro, do grupo 3, Pichel e Miguel tamén se desfixeron de Jesús e Rodrigo... pero este partido foi moito máis igualado 7/6(3) 6/4. Seguro que o resultado sería outro se Jesús e Rodrigo remataran o primeiro set cando ivan 5/3 por diante.

Esto non fai máis que empezar...

Admin/08.09.2008