|
LIGA POR EQUIPOS 2010
Este ano, a Federación Galega de Padel faise cargo da organización desta competición que se divide en dúas zonas xeográficas: "Rias Altas", na que competiran os clubes de Lugo e A Coruña e "Rias Baixas" cos de Ourense e Pontevedra.
Ao final da competición regular, ademáis dos habituáis ascensos e descensos, os mellores equipos de cada zona enfrentaranse para decidir os mellores de Galicia en cada División, nunha competición que levará o nome de Copa da Xunta.
Nesta edición, Marco Lema (foto esquerda)capitaneará o equipo de 2ª división e Juan Carlos Varela (foto dereita)o de 4ª.
 
Os seguintes "galacticos", son os que defenderán a honra do padel carballés polos diferentes clubes de Galicia:
Durante toda a competición podrás atopar na nosa páxina a evolución dos nosos equipos con todo tipo de detalles. Polo momento, xa podes consultar a lista dos equipos e os horarios dos dous equipos:
Listas equipos paricipantes
Calendarios competición
Admin/25.01.2010
|