|
LIGA POR EQUIPOS (Resultados 2ª xornada)
2ª División masculina: Padel Carballo - Canabal A: 5 - 0
Impresionante papel dos xogadores de Carballo onte pola mañán. Pode que o feito de xogar na casa axudou, que os de Mera viñeran sin un par dos seus mellores xogadores ou de que pincharan no camiño a Carballo... Pero o que é certo é que as 5 parellas Carballesas resolveron os seus compromisos con moita eficacia e con partidos de moi bo nivel. Poucos erros non forzados, paciencia durante os peloteos, acerto no momento de arrisgar para finalizar os puntos e moita tranquilidade na pista. Nada que ver co padel que xogaron na primeira xornada.
Mariano e Gonzalo venceron en dous sets sen dificultades.
Marcos e Oscar non lle deixaron gañar nin un xogo aos opoñentes.
Marco e Toni tiverono máis dificil para derrotar aos seus riváis. Gañaron o 1º set con bo xogo. Cando iban 3/2 por diante no 2º, tiveron un baixon e perderon 4 xogos seguidos. No 3º voltaron a xogar como o principio do partido e solventarono sen dificultades.
Miguel e Pichel protagonizaron un partido que ainda que parecia igualado, a nosa parella nunca estivo en dificultades reales. Foi un encontro largo, nos que os Carballeses xogaron moi ben, sen nervios, sen apuros e dando a impresión de que durara o que durara o partido ibano gañar.
Kiko e Fernando xogaron o partido de mellor nivel. Kiko aguantou fisicamente e finalizou moitos puntos importantes. Fernando xogou un partido moi serio no que non cometiu erros e axudoulle a Kiko para que non se desgastara a nivel físico. Foron sempre por diante no marcador e desquiciaron os de Mera chegando a todas as pelotas que lle enviaban.
Moi bo resultado e victoria tranquilizadora despois da derrota na 1ª xornada e coñecendo o valor do noso rival do día.
Admin/08.02.2010
LIGA POR EQUIPOS (2ª Xornada)
Esta fin de semana, so xogará o equipo que milita en 2ª (chamado o Equipo A), xa que o outro (chamado o Equipo B), tocalle descansar... son número impar en 4ª.
Este domingo, as 11 da mañán, nas pistas de Padel Carballo os nosos rapaces van xogar un encontro bastante difícil contra os de Canabal. Xa nos enfrentamos varias voltas contra este equipo e saimos sempre perdendo. Mirandoo polo lado positivo, vai ser a primeira volta que xogaremos contra eles en Carballo e en pistas de cristal. No seu clube, xogan no exterior e en pistas de muro... todo un inferno para aqueles que están acostumbrados a xogar dentro e en cristal.
De todos modos, despois de perder de maneira un pouco "inesperada" na primeira xornada, os Carballeses van sair moito máis atentos e centrados.
Ainda que pode aportar modificacións ata o último momento, Marco convocou a seguintes parellas (podes ver a foto do xogador pinchando no nome):
Parella 1: Marcos / Oscar
Parella 2: Marco / Toni
Parella 3: Fernando / Pi
Parella 4: Pichel / Miguel
Parella 5: Mariano / Gonzalo
Admin/04.02.2010
LIGA RIAS ALTAS (Resultados 1ª Xornada)
Rematou a 1ª xornada con resultados diferentes entre os nosos equipos.
Empezamos por o equipo B que ganou o seu enfrentamento contra Ortigueira por 3-2.
Todo se xogou no partidazo que enfrentou a nosa parella Carlos Baldomir e Rodrigo Teijeira contra Francisco Calvín e Alejandro Perez. Foron dúas horas nas que os carballeses foron por detrás no marcador ata o último suspiro do partido. Empezaron perdendo o 1º set por 6/2... non eran capaces de entrar no partido e cometeron demasiados error non forzados. O segundo set empezou coa mesma dinámica ata que pouco a pouco os nosos empezaron a entrar no partido e ganar os puntos decisivos... despois dun esforzo físico importante, forzaron o tie-break e conseguiron igualar o encontro. Ao principio do 3º set, pagaron o derroche de enerxía do 2º e moi rápidamente, os de Ortigueira puxeronse 3/0,... 5/2,... e, cando ningún dos presentes daba un duro pola victoría dos Carballeses, estes empezaron a xogar máis relaxados, soltando o brazo e collendo a rede... resultado: pasaron de 2/5 a ganar o 3º set 7/5 e, evidentemente o partido.
Os outros resultados foron os seguintes: as parellas, Ramón / Suso e Carlos Manuel / Juan Carlos Varela, ganaron de maneira contundente os seus encontos en dous sets co mesmo resultado do 6/1 6/1. As outras duas parellas (compostas por 4 xogadores que competían por 1ª volta): Gabino / Diego Vilar e Tino / Juan Carlos Sanchez, perderon os seus partidos en dous sets pero demostraron que tiñan nivel suficiente para competir... so lles faltan uns cuantos partidos máis para coller confianza no seu xogo.
Carlos e Rodrigo
O equipo de 2ª non empezou con moi bo pe esta campaña. Padel Compostela parecía ser un adversario asequible pero os Carballeses fallaron nos momentos decisivos e perderon o encontro por un resultado demasiado abultado (1 - 4). Sin querer buscarlle disculpas, a falta de competición oficial nestes ultimos meses, pasoulle factura a algún dos compoñentes do equipo.
Marcos e Oscar foron os únicos que gañaron o seu encontro. As outras 4 parellas perderon. Na maioría dos casos foi en partidos moi apretados con moitos sets decididos no tie-break. Imaxino que para todos eles foi un bo toque que lles fai facer afrontar os próximos encontros dunha maneira máis "agresiva".
Podedes atopar máis comentarios e fotos no noso perfil en Facebook.
Esto non fai máis que comenzar...
Admin/02.02.2010
LIGA RIAS ALTAS (1ª Xornada)
Os capitáns xa confirmaron as listas de convocados:
Do 1º equipo, para xogar contra o Padel Compostela (domingo as 11h en Cerceda), desplazaranse: Oscarin, Dani Gonzalez, Toni Sierra, Pi, Marco (cap.), Miguel Varela, Gonzalo, Mariano, Fernando e Marcos.
O 2º equipo, enfrentarase aos de Ortigueira (domingo as 17h en Carballo) con: Carlos Manuel, Juan Carlos (cap.), Carlos Baldomir, Ramón, Suso,Rodrigo, Juan Carlos Sanchez, Diego Vilar, Javier Sande e Tino.
As parellas, ainda non están completamente definidas xa que, visto que hai xogadores novos e estamos ao comenzo da competición, quedan por definir certos puntos como, por exemplo, en que lado da pista xogan máis agusto.
Desexolle sorte aos dous combinados Carballeses. Espero poder comentar o domingo pola noite, nesta páxina, dúas victorias dos nosos.
Admin/29.01.2010
FACEBOOK
Dende esta semana, temos un perfil aberto nesta rede social. Podesnos encontrar buscandonos por Padel Carballo e agregarnos como amigos. Utilizaremos esta páxina para
comentar os partidos da liga, as actividades do padel, colgar fotos, etc... Evidentemente, contamos contigo para aportar as túas ideas e comentarios.
Admin/25.01.2010
LIGA "RIAS ALTAS"
Xa se publicaron os grupos e os calendarios da edición 2010. Entrando no apartado "liga por equipos", podes consultar toda a información relacionada cos nosos equipos (lista de xogadores, adversarios, horarios, etc...)
Esta fin de semana, xa empezamos!! O domingo as 17h, nas instalacións de Carballo, farao o Carballo B contra Ortigueira. Vai ser un enfrentamento moi animado, xa que na anterior edición, algúns xogadores tiveron un pequenos altercados nas pistas e seguro que os dous equipos van a chegar con ánimo de revancha!!
Carballo A, enfrentase este domingo as 11h contra Padel compostela. Este partido, xogase nas pistas de cerceda xa que os de Santiago non teñen pistas propias e, aparentemente, as de creceda son as solas que están disponibles.
Cando os capitáns o teñan claro, informaremos sobre as alineacións para os partidos deste fin de semana.
Admin/25.01.2010
LIGA DE PADEL POR EQUIPOS
Un ano máis, estamos as portas do comenzo da Liga de padel por equipos. Este ano cheganos cargada de cambios tanto na súa organización como a nivel da normativa. O aspeto máis relevante e o feito de que está organizada pola Federación Galega (www.fgpadel.com).
Como na anterior edición, apuntaronse, na categoría masculina, 2 equipos de Carballo que vos irei presentando durante os próimos días.
Ainda se descoñece o calendario da competición pero está previsto que empece o 29 de xaneiro. Inscribironse 25 equipos na categoría femenina e 39 na masculina que serán repartidos en 3 e 4 divisións respectivamente. A liga regular xogarase a doble volta e en cada partido enfrentaránse 5 parellas de cada equipo. Os dous primeiros de cada division ascenden e os dous últimos descende. En canto aos dous primerios de 1ª division, xogaran a copa Xunta contra os riváis das Rias baixas.
En exclusiva, aquí tendes os caretos dos dous valentes que aceptaron o cargo de capitáns, Marco Lema que se encargará do A e Juan Carlos Varela que fará o mesmo co B. Animo rapaces!!
 
Admin/21.01.2010
RESUMEN DOS RESULTADOS DO 2009
Marcos e Fernando ganaron a 3ª categoría do torneo de Feáns e foron finalistas na 2ª categoría do de Planet Padel.
Marcos e Carlos Manuel Gomez ganaron a consolación da 2ª categoría do campionato galego.
Carlos Manuel Gomez e Juan Carlos Varela ganaron xuntos a 3ª categoría en Bergondo e a consolación do Estrella Galicia.
Marcos tamén chegou a semifináis da 2ª categoría en Elviña e os cuartos da 1ª categoría en Santiago con Ramón e con Oscar xogaron as semifináis da Padel Cup en 2ª.
A nivel dos nosos equipos, relizaron un papel discreto nunha liga de padel que acabou de mala maneira e sen moito interés debido a uns erros na organización.
Non está nada mal tendo en conta que era o primeiro ano que se competía de maneira oficial baixo a supervisión da Federación.
Admin/21.01.2010
|